31 mar 2009

QUINCENA DA POESÍA


Nestas dúas semanas podedes desfrutar dunha exposición de libros de poesía na Biblioteca. Tédelos expostos para levar ou ler cos compañeiros nas vosas visitas á Biblioteca.
¡¡Esperamos que vos gusten!!

24 mar 2009

NOVOS MARCAPÁXINAS



A partir de hoxe tedes a vosa disposición na Biblioteca uns novos marcapáxinas. Hai varios modelos para poder decorar, pintar e recortar o voso gusto. Dende a Biblioteca pensamos que, ademáis de ser punto de lectura, vos axudarán a recordar a data de entrega do libro que tedes emprestado. A hora de coller un libro, se traedes o marcapáxinas, poñerémosvos pola parte traseira a data tope de devolución. Pola parte dianteira vos recordamos a dirección deste blogue e a do Proxecto de Agrupación de Centros no que estamos participando, "Do río ao mar, ler e desfrutar".

16 mar 2009

O NOSO CONTO

Aquí está a historia que fixemos entre todos co Contacontos:

Érase unha vez unha galiña que estaba no seu galiñeiro durmindo.
De repente apareceu un raposo que quería comela.
Pasaba por alí un gato e ó ver á galiña tan asustada tentouna protexer. Entón o raposo ó ver ó gato protexendo á galiña foi pola dereita onde había unha trampa con cravos e pinchos. Como non puido pasar deu a volta polo outro lado e atopouse outra vez co gato.
O gato saltou enriba do raposo e ó rodar case que cae na trampa de pinchos! Tívose que agarrar coas unllas. O raposo aproveitou para morderlle a cola e do salto que deu, o gato foi parar enriba do tellado da casa.
Co escándalo viñeron máis animais a axudar ó gato. Eran da súa pandilla .
Mentres pasaba todo esto a galiña aproveitou para escapar cara ó bosque e meteuse nunha casa que atopou, o que non sabía era que alí vivía o raposo......

Agora tan só nos queda rematala e poñerlle un título!!! Para elo podedes escribir os vosos finais e títulos e darllos as encargadas da Biblioteca para que aparezan no blog e todos desfrutemos deles!!!

CONTACONTOS


O pasado xoves, 12 de Marzo, visitounos un Contacontos na Biblioteca. Axudado polo seu amigo "Sexismundo" contounos moitas historias! Coa primeira delas aprendimos "Cómo se pagan os favores", logo fixemos entre todos unha historia dunha galiña, un raposo e un gato que veredes máis adiante. Para rematar contounos a historia dun verme que dicía unha frase que nos fixo rir moito a todos e repetimos unha e outra vez: "Son eu, o grande guerreiro, fillo do xigante que perdeu os grilletes do tobillo na batalla de Curdiales, o rinoceronte tirou patas arriba e o elefante... caca de vaca!!!!". Tamén colaboramos con él, e coa axuda do seu amigo, algúns de nós animámonos a contar algunha historia divertida!! Pasámolo tan ben que non queríamos deixalo marchar así que lle pregamos por unha historia máis e contounos a dun pai e un fillo mailo seu burro.

6 mar 2009

ANDALUNA E SAMIR

Andaluna e Samir son personaxes de debuxos animados creados pola Junta de Andalucía e distribuídos nun DVD gratuíto.
Este que podedes ver aquí é o 1º capítulo e fala de igoaldade de xénero.


5 mar 2009

IGUALDADE



Xa que o 8 de marzo se celebra o día da muller traballadora, queremos reivindicar a igualdade entre home s e mulleres. Por eso vos animamos a realizar traballos relacionados coa temática.

Se precisades información, na biblioteca atoparedes libros que vos poden axudar.


3 mar 2009

NOVA MASCOTA E EXPOSICIÓN
A nosa Biblioteca ten unha nova mascota!!! Xa todos coñecedes a Nico. Podedes pasar pola biblio a visitalo. Ademáis traenos unha nova exposición de libros sobre a auga. Todos eles están marcados cunha pegatina co Nico. Esperamos que vos gusten!!!