1 dic. 2010

3 DE DECEMBRO, DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

Según datos da UNESCO, na actualidade, hai 75 millóns de nenos en idade escolar que non asisten ao colexio e os menores con discapacidade representan a terceira parte dese grupo. A educación pode contribuír de maneira decisiva a superar a marxinación dos discapacitados.
O acceso a unha educación integradora pode cambiarlles a vida, non só a quen padecen minusvalías, senón os que aprenden ao seu lado. Para saber máis

"El cazo de Lorenzo" un conto de Isabelle Carrier que nos chega a través do CEIP A Doblada de Vigo e que ilustra moi ben esta temática.

9 nov. 2010

O MAGOSTO

 
Estamos no tempo das castañas e dos magostos. Para celebralo imos deixarvos un enlace a unha estupenda recompilación de recursos feita pola biblioteca escolar do CEIP Víctor Saenz de San Cosme de Antes en Mazaricos. Só tendes que pinchar aquí

27 oct. 2010

O CÓDIGO LETRINCHI

Os nenos e nenas de Solanas xa empezaron a ler e ler para conseguir os códigos necesarios para descifrar o LETRINCHI!.
E esto qué é? Este curso temos unha maneira diferente de animar a ler os alumnos e alumnas do noso Centro!.
Cada ciclo ten o seu caderniño no que aparece unha mensaxe por descifrar e unha lista de asociación letra-código. Ademáis pola outra cara están as casiñas valeiras para ir pegando os códigos conseguidos!

Cal será a mensaxe?
Están todos moi interesados e as fichas de lectura enchen as caixas na nosa biblioteca para conseguir códigos e así, canto antes!, descifrar o segredo!

26 oct. 2010

BIBLIOBURRO

Un mestre, Luis Soriano, achega os libros e a lectura aos pobos máis apartados de Colombia. Os seus burros Alfa e Beta cargan con 120 libros que deste xeito chegan á poboación de zonas moi desfavorecidas que de non ser polo "biblioburro" non terían acceso á lectura.

24 oct. 2010

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

 
O 23 de outubro celébrase o día das bibliotecas escolares. A Consellería de Educación difundiu un cartel co lema : Biblioteca escolar: un mundo de oportunidades e que nos lembra as posibiblidades que a biblioteca escolar nos ofrece para formarnos, para soñar, para viaxar, para investigar, para buscar respostas, para descubrir outros mundos ...

Nós tamén celebramos este día pondo en circulación as mochilas viaxeiras que este ano ampliamos a unha por clase e repartindo marcapáxinas para pintar a todo o alumnado.

2 oct. 2010

EMPEZAMOS!!

Empezamos a actualizar o blog, que xa ía sendo hora, porque, xa sabedes, ao principio do curso sempre hai moitas cousas que organizar para que despois vaia todo sobre rodas.

Este curso na biblioteca imos traballar coas emocións. A biblioteca será unha FÁBRICA DE EMOCIÓNS. Empezamos co MEDO e adicaremos cada mes a un sentimento. 

Pero para este curso temos moitos máis proxectos : o Código Letrinchi, as mochilas viaxeiras, exposicións temáticas, cadernos de investigación ... e moitas actividades das que iremos dando conta neste blog.

10 jun. 2010

O NOSO MAR








Preme na imaxe para ir á webquest e aprender moitas cousas sobre o noso mar.

2 may. 2010

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2010


Dende 1963, todos os anos celebramos o 17 de maio o Día das Letras Galegas. Cada ano  homenaxéase a un escritor ou escritora. Este ano está adicado ao poeta do Courel, Uxío Novoneyra.
Nos seguintes enlaces podes aprender máis desta data e do autor.
  




Día das Letras Galegas.  Por que se celebra o 17 de maio.Escritores e escritoras homenaxeados ao longo destes anos.
Biografía, obra e outros datos de interés de Uxío Novoneyra
Serra do courel
Información e actividades en liña do Seminario Galán

                                    



Dende o Ceip Condesa de Fenosa do Barco de Valdeorras o Equipo da Biblioteca ofrécenos este Lim sobre Uxio Novoneyra



Unha webquest para o 3º ciclo, elaborada polo Equipo de Biblioteca do Ceip Andrade.
                                                 


Dende o Ceip de Frian de Teis achégannos este LIM para Infantil e 1º Ciclo e estoutro para 2º e 3º Ciclo baseados no conto de Uxio Novoneyra Ilda, o corzo, o lobo e o xabarín, no que hai actividades multimedia sobre a flora e a fauna do Courel.



 








20 abr. 2010

23 DE ABRIL, DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO

Dende o CEP Cespón, Lola Iglesias achéganos unha Webquest para o 2º e 3º ciclos. Con ela, poderán saber moito máis sobre a celebración deste día. Preme na imaxe para acceder

 

CELEBRACIÓN DO DÍA DA POESÍA

O pasado 26 de marzo celebramos o "Día da Poesía" cun maratón de lectura de poemas nos que participou a maioría do alumnado, algunhas profes, un pai, unha nai e o cantautor Tino Baz que nos recitou un poema escrito por el.
Foi un acto moi bonito, tanto que pensamos repetir o ano que vén.

18 mar. 2010

LOBO LOBO .

Escoita este conto de Xoan Babarro contado polos alumnos e alumnas de 4º de Primaria

3 mar. 2010

"Concurso literario"

Co gallo do día do libro (que se celebra o 23 de abril) dende a Biblioteca organizase un Concurso Literario no que poderán participar tódolos nenos e nenas do colexio. Haberá un premio diferente por cada ciclo e Nicopuntos a tódolos participantes.


As BASES do concurso son as seguintes:
  • Os traballos teñen que ser inventados polo/a neno/a.
  • Poden ser contos, comics, poemas, fábulas... cunha extensión máxima de 4 follas (DA 4 por unha cara) e mínima de unha. (Os poemas poden non cumprimentar toda a folla).
  • A temática é libre.
  • Ten que estar escrito a man, con letra clara e ben presentado. (Recordamos que é importante manter unhas marxes axeitadas)
  • Os traballos serán en Galego.
  • Poden ser ilustrados (con debuxos) e valorarase a presentación: presenza, orixinalidade...
  • Os traballos entregaranse na biblioteca, a calquera das responsables, como máximo ata o venres 16 de abril. Os que se entreguen despois desa data non optarán ao premio.

    15 feb. 2010

    DESFILE DO ENTROIDO 2010

    10 feb. 2010

    ACTIVIDADES PARA O ENTROIDO E SAN VALENTÍN

    Hai unha morea de actividades que nos chegan grazas á biblioteca do CEIP Mestres Goldar para saber máis destas dúas datas. Se queres velas, preme aquí.

    8 feb. 2010

    XA ESTÁ AQUÍ O MECO


     Xa chegou, como todos os anos, puntual á súa cita. O Meco está a dar ordes do que temos que traer cada día e nós a obedecer:
    O luns un sombreiro, o martes un narigón, o mércores un calcetín de cada cor, o xoves unha peluca e o venres disfrazad@s para desfilar cos demais coles da Guarda polas rúas do pobo.

    7 feb. 2010

    ULTIMÁTUN EVOLUTIVO



    E ti, a quen te queres parecer?

    25 ene. 2010

    DÍA DA PAZ E NON VIOLENCIA

    Podedes atopar moitas actividades na páxina do cole e desfrutar cunha estupenda recompilación de cancións pola PAZ realizada coas achegas das bibliotecas escolares que nos chega vía O RECANTO DE MIK do CEIP Mestres Goldar de Vigo

    14 ene. 2010

    As cartas aos Reis Magos dos nenos de Ed. Infantil


    E as cartas dos nenos de infantil. Aquí tedes algunhas para que vexades o moitísimo que se esforzaron e traballaron.







     

    12 ene. 2010

    Algunhas das vosas cartas aos Reis Magos e a Papa Noel

    Como vos tiñamos prometido eiquí vos van publicadas algunhas das cartas escritas polos rapaces e rapazas de primaria, recibidas nos buzóns do colexio. Esperemos que vos chegasen eses agasallos tan desexados!