27 oct 2010

O CÓDIGO LETRINCHI

Os nenos e nenas de Solanas xa empezaron a ler e ler para conseguir os códigos necesarios para descifrar o LETRINCHI!.
E esto qué é? Este curso temos unha maneira diferente de animar a ler os alumnos e alumnas do noso Centro!.
Cada ciclo ten o seu caderniño no que aparece unha mensaxe por descifrar e unha lista de asociación letra-código. Ademáis pola outra cara están as casiñas valeiras para ir pegando os códigos conseguidos!

Cal será a mensaxe?
Están todos moi interesados e as fichas de lectura enchen as caixas na nosa biblioteca para conseguir códigos e así, canto antes!, descifrar o segredo!

26 oct 2010

BIBLIOBURRO

Un mestre, Luis Soriano, achega os libros e a lectura aos pobos máis apartados de Colombia. Os seus burros Alfa e Beta cargan con 120 libros que deste xeito chegan á poboación de zonas moi desfavorecidas que de non ser polo "biblioburro" non terían acceso á lectura.

24 oct 2010

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

 
O 23 de outubro celébrase o día das bibliotecas escolares. A Consellería de Educación difundiu un cartel co lema : Biblioteca escolar: un mundo de oportunidades e que nos lembra as posibiblidades que a biblioteca escolar nos ofrece para formarnos, para soñar, para viaxar, para investigar, para buscar respostas, para descubrir outros mundos ...

Nós tamén celebramos este día pondo en circulación as mochilas viaxeiras que este ano ampliamos a unha por clase e repartindo marcapáxinas para pintar a todo o alumnado.

2 oct 2010

EMPEZAMOS!!

Empezamos a actualizar o blog, que xa ía sendo hora, porque, xa sabedes, ao principio do curso sempre hai moitas cousas que organizar para que despois vaia todo sobre rodas.

Este curso na biblioteca imos traballar coas emocións. A biblioteca será unha FÁBRICA DE EMOCIÓNS. Empezamos co MEDO e adicaremos cada mes a un sentimento. 

Pero para este curso temos moitos máis proxectos : o Código Letrinchi, as mochilas viaxeiras, exposicións temáticas, cadernos de investigación ... e moitas actividades das que iremos dando conta neste blog.