28 dic 2011

PUZZLES

Estas son as dúas postais de Nadal que tiveron o 1º premio. Se premes en cada unha delas terás un puzzle. Atréveste a facelo?

preview48 piece


preview54 piece

22 dic 2011

A NOSA APORTACIÓN AO BUBISHER

Nós tamén nos sumamos a este fermoso proxecto co álbum "La máscara del león".

O BUBISHER

63 anos despois da súa proclamación, segue sendo necesario lembrar esta data, 10 de decembro, na que a Asamblea Xeral das Nacións Unidas aprobou a Declaración dos Dereitos Humanos.

Necesario porque nin tan sequera nos países que asinaron esta declaración están garantidos estes dereitos en igualdade de condicións para toda a poboación. Non hai máis que botar unha ollada ao noso arredor, asomarse ás noticias.

Mais aínda así cabe pensar que un outro mundo é posible, que hai arrecendos espallados no ar que nos permiten prender unha candea pola esperanza, por estas xeracións, hoxe nen@s, adolescentes, que medran nas nosas aulas, ao abeiro das nosas Bibliotecas -das súas lecturas, da súa información, da súa formación- nen@s e adolescentes que se implican ilusionad@s e con empeño en proxectos coma "Coñecernos para querernos", nun intercambio persoal e de coñecementos con nen@s dos campamentos saharahuis, para quenes a apertura dunha biblioteca con (o Bubisher) ou sen (O Niño do Bubi) rodas, supón moito máis que un mundo de oportunidades. Para acceder á ilusión, aos soños, á formación, ao coñecemento doutras culturas, doutro idioma.

E con esa candea acesa, brincan faíscas que prenden en case un cento de Bibliotecas Escolares Galegas, que por todo o país escollen cada unha un fermoso álbum ilustrado para agasallar a ese recén estreado Niño do Bubi, porque, coma nas nosas propias Bibliotecas, toda inauguración é unha festa. A esa festa que é a lectura, nesas bibliotecas acubilladas na area, queremos enviar estes álbumes como aves portadoras de boa sorte, como bubishers* cheos de cor, imaxes, historias. Porque as nosas bibliotecas, @s nos@s lectores e lectoras, compartimos co Bubisher, cos lectores e lectoras das súas bibliotecas a crenza firme nos Dereitos Humanos, dende o seu 1º artigo: "Tod@s nascemos libres e iguais en dignidade e dereitos"

* O bubisher (Oenanthe leucopyga e Oenanthe leucura) é un paxariño tímido que vive na Península e tamén en África, aquí chamámoslle collalba negra e no Sáhara o seu nome significa paxaro da boa sorte, no dialecto hassaní é Bubchir بوبشير (o da boa nova) porque adoita aniñar e criar despois das choivas, o que quer dicer que medrará a herba, algo moi importante para quen ten gando.

Bubisher é tamén o nome dun autobús-biblioteca que circula entre os campamentos do Sáhara para levar lectura e información. Ou sexa, unha biblio... pero con rodas!!!


Se queredes unirvos á iniciativa de Álbumes para o Bubisher, só tedes que poñer os vosos datos xunto ao resto das Bibes Galegas.


Texto de Maribel Serantes (CEIP Os Casais)

20 dic 2011

POSTAIS GANADORAS

Aquí están as 6 postais ganadoras. Como vedes hai 2 primeiras porque quedaron empatadas. Unha será a felicitación oficial e a outra, a portada do tríptico da biblioteca.

19 dic 2011

CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL

Ao concurso presentáronse unhas 70 postais. Foi moi difícil escoller as ganadoras porque todas son moi bonitas e están feitas con moito mimo. Grazas pola participación e aquí van todas.

3 dic 2011

RECURSOS PARA O NADAL

Premendo na imaxe tendes un montón de actividades para o Nadal.
Chégannos así, tan ben organizadas, dende á biblioteca do CEIP Milladoiro de Malpica de Bergantiños. Grazas polo voso traballo e por compartilo.

2 dic 2011

CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL

Convócase un concurso de postais navideñas.
Teñen que ser en galego e feitas no papel que está á vosa disposición na biblioteca.
Por detrás tendes que por nome e curso.
O prazo de entrega é o 15 de decembro.
A postal gañadora, será a felicitación oficial do centro nestas festas navideñas.
Ánimo artistas!!!

Xoana e a bruxa Maruxa

XOANA E A BRUXA on Storybird

23 oct 2011

CELEBRANDO O DÍA INTERNACIONAL DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

O cuarto luns do mes de outubro celébrase o Día Internacional das Bibliotecas Escolares.
Nós este ano xa o celebramos o pasado venres día 21 aproveitando o bo tempo. Fixéronse os apadriñamentos e amadriñamentos lectores, así xa quedan para todo o curso. Cada neno e cada nena saben quen é o padriño lector ou a madriña lectora ou quen é o seu afillado ou afillada.
Repetiremos a actividade noutras ocasións xa que lles gusta moitísimo.



22 oct 2011

RECURSOS PARA A EDUCACIÓN DOCUMENTAL

Aquí temos unha morea de recursos para a educación documental e a formación de usuarios que nos veñen dende a biblioteca escolar do CEIP Víctor Sáenz de Mazaricos na Coruña. Un excelente traballo do que, no equipo da biblioteca estamos seguras que imos sacar moito rendemento. Podedes atopalos tamén no menú lateral do blog

21 oct 2011

LENDO XUNT@S

"Lendo xunt@s" é unha actividade que consistía en que as familias nos mostraran como len cos seus fillos e fillas ou como estes xa len soíñ@s. Con todas faremos un fermoso álbum para a biblioteca.
Estas son as fotos que nos chegaron (aínda seguen chegando). Son moi tenras, moi bonitas. Encántanos que compartades lecturas, que os nenos e nenas lean, encántanos tervos no pasillo do cole.
Graciñas ás familias que están sempre dispostas a colaborar nas actividades que vos propoñemos dende a biblioteca.

13 oct 2011

XOGO DA OCA

Este xogo da oca recórdanos moitos dos libros que lemos no proxecto "Do río ao mar, ler e desfrutar".
Este curso empezamos as actividades da biblioteca xogando á oca. Foi moi fácil pero, xa veredes... imos complicar un pouquiño o xogo. Xa vos contaremos.

MOCHILAS VIAXEIRAS

As mochilas viaxeiras xa iniciaron a súa andaina. Cada curso veu a recoller a súa mochila á biblioteca e todos e todas levaron ademais un díptico no que se recordan as normas, horario, funcionamento ... da biblioteca.

13 jun 2011

ENTREGA DE DIPLOMAS

Así foi a entrega de diplomas ás máis lectoras e máis lectores de cada curso:

Roberto de 4º de EI
Aroa de 5º de EI
Ángela de 6º de EI
María de 1º de Primaria
Aimara de 2º de Primaria
Mario de 3º de Primaria
Julia de 4º de Primaria
Alicia e Lucía de 5º de Primaria
Alba de 6º de Primaria

A TÓMBOLA

Chegou a tómbola. Houbo agasallos para todo o alumnado que xuntou Nicopuntos participando nas actividades propostas e organizadas dende a biblioteca. Había tantas cousas bonitas que era moi difícil escoller menos mal que as profes estaban alí para axudar.

1 jun 2011

Unha exposición moi interesante!

Gracias ao CRA María Zambrano do Rosal teremos durante unhas semanas no salón de actos unha exposición de libros infantiles de todo o mundo. Están en moitos idiomas diferentes e todos podedes pasar a ollala polo noso cole. Agardamos por todos vos para que veñades a vela!

9 may 2011

AMADRIÑAMENTOS E APADRIÑAMENTOS LECTORES

Aquí están as madriñas e os padriños dos máis peques. Escolleron un conto para os seus afillados e afilladas e hoxe na hora de ler buscaron un recuncho onde compartir lecturas. A cambio recibirán un debuxo. Despois xuntámonos na biblioteca e a opinión foi unánime : hai que repetir.

8 may 2011

CALENDARIO DAS EMOCIÓNS

Do río ao mar, ler e desfrutar

Esta magnífica presentación resume as actividades que se fixeron ao longo dos dous anos de proxecto. Foi presentada polos coordenadores nas xornadas de Agrupacións de Centros Escolares que organiza o Ministerio de Educación en Madrid.

Marcapáxinas ganador do concurso




Este é o marcapáxinas ganador do concurso. Foi moi difícil escoller un só ganador porque se presentaron moitos e moi chulos. Pronto o teredes todos e todas.

XOGANDO Á OCA

Unha das actividades do Día do Libro foi o Xogo da Oca. Temos unha oca xigante feita con portadas de libros que traballamos os dous anos que durou o proxecto do ARCE: "Do río ao mar, ler e desfrutar".
As nenas e os nenos de Primaria pintaron as portadas e as profes montamos unha oca fantástica. Utilizamos ademais o logo do proxecto e os mapas cos que navegamos polos ríos Douro, Manzanares e Miño.
Encantoulles xogar e xa están desexando repetir.

29 abr 2011

A NOSA BIBLIOTECA É UNHA FÁBRICA DE EMOCIÓNS

Este ano 2011estamos a traballar as emocións. cada mes adicámosllo a unha : en xaneiro a paz, en febreiro o amor, en marzo a ledicia, en abril os celos, ... e así seguiremos ata rematar o ano, de emoción en emoción.
Estas son algunhas das actividades que fixemos nos primeiros meses do ano :  




Este ano a nosa biblioteca é unha FÁBRICA DE EMOCIÓNS













Entre todos os cursos fixemos un calendario xigante adicando cada mes a unha emoción








  En febreiro houbo concurso de cartas de amor con humor e unha exposición de libros de moito amor


















      






En marzo houbo moitos libros de poesía e de árbores.Ademais, os nenos e as nenas escribiron e recitaron poemas; fixeron un caderniño sobre a ledicia, seguiron co Código Letrinchi...
Con tantas actividades xa teñen unha morea de Nicopuntos para xogar na tómbola de fin de curso.          

11 abr 2011

CONCURSO DE MARCAPÁXINAS

BASES DO CONCURSO:
  • Crea o teu propio diseño na plantilla que che damos.
  • Escribe, en galego, un eslogan ou frase que anime a ler.
  • Decorao para que quede vistoso e bonito.
  • Entregao na biblioteca antes do Xoves 14 de Abril.
  • Os participantes terán Nicopuntos.
  • O gañador ou gañadora, ademáis de Nicopuntos, terá a honra de que todos os nenos e nenas, mestres e mestras de Solanas teñan o seu marcapáxinas para conmemorar o mes dos libros.

22 mar 2011

CELEBRAMOS O DÍA DA POESÍA

Onte, 21 de marzo celebramos o Día da Poesía cun recital de poesías escritas e decoradas polo alumnado do colexio. Houbo moitos e moitas participantes. Cos seus poemas faremos un fermoso libro para a biblioteca.
As nenas e os nenos de 5º encargáronse de decorar o salón de actos. A que quedou moi bonito?

Aquí deixamos unhas fotos



Estes son os vídeos de Infantil




15 mar 2011

ACTIVIDADES DO MES DE FEBREIRO

Participamos no concurso de cartas de amor con humor

No mes de febreiro seguimos co "Código Letrinchi". Xa hai alumnas e alumnos que remataron o caderno e que descubiron a mensaxe oculta. Esperemos que pronto rematen moitos e moitas máis. Na foto vemos á profe Yolanda repartindo as pegatinas cos códigos para a mensaxe.

Tamén repartimos a segunda ronda de mochilas que levan circulando dende o mes de outubro por todas as aulas de Infantil e Primaria. Aquí están preparadas as de Primaria.

DÍAS DE ENTROIDO

Que ben o pasamos no Entroido! Pero andivemos tan atarefadas que nin tempo tivemos para ir actualizando o blog.
Agora con un pouco máis de calma xa podemos ensinarvos algunhas cousas que fixemos. Nos enlaces que van a continuación podedes ver as fotos do desfile, da festa gastronómica e da queima do meco e da meca.
Tamén deixamos o caderno de investigación aquí

3 feb 2011

FÁBRICA DE EMOCIÓNS

O noso calendario das emocións
vai vento en popa!!
En nada o teredes exposto...
Qué intriga!!
Cómo representaría cada
nivel a súa emoción?

26 ene 2011

ACTIVIDADES PARA O DÍA DA PAZ


O 30 de xaneiro celebramos o "Día Escolar da Paz e a Non Violencia". Aquí deixamos un enlace con moitas actividades que foron recopiladas polo equipo de biblioteca do C.E.I.P. VÍCTOR SAENZ de Mazaricos.

16 ene 2011

LIBROS PARA O NADAL

Como xa sabedes, dende hai dous anos estivemos a participar nun proxecto da Agrupación de Centros Escolares xunto cun colexio de Colmenar Viejo (Madrid) e outro de Villaralbo (Zamora). Era de fomento da lectura e levaba por título "Do río ao mar, ler e desfrutar".
Unha das últimas actividades que fixemos foi a proposta de libros para o Nadal pero este ano foron os nenos e as nenas de cada centro os que se intercambiaron propostas nunha actividade que titulamos "Pídelle ao Reis"
Aquí deixamos unha mostra dos libros que se recomendaron.