23 oct 2011

CELEBRANDO O DÍA INTERNACIONAL DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

O cuarto luns do mes de outubro celébrase o Día Internacional das Bibliotecas Escolares.
Nós este ano xa o celebramos o pasado venres día 21 aproveitando o bo tempo. Fixéronse os apadriñamentos e amadriñamentos lectores, así xa quedan para todo o curso. Cada neno e cada nena saben quen é o padriño lector ou a madriña lectora ou quen é o seu afillado ou afillada.
Repetiremos a actividade noutras ocasións xa que lles gusta moitísimo.



22 oct 2011

RECURSOS PARA A EDUCACIÓN DOCUMENTAL

Aquí temos unha morea de recursos para a educación documental e a formación de usuarios que nos veñen dende a biblioteca escolar do CEIP Víctor Sáenz de Mazaricos na Coruña. Un excelente traballo do que, no equipo da biblioteca estamos seguras que imos sacar moito rendemento. Podedes atopalos tamén no menú lateral do blog

21 oct 2011

LENDO XUNT@S

"Lendo xunt@s" é unha actividade que consistía en que as familias nos mostraran como len cos seus fillos e fillas ou como estes xa len soíñ@s. Con todas faremos un fermoso álbum para a biblioteca.
Estas son as fotos que nos chegaron (aínda seguen chegando). Son moi tenras, moi bonitas. Encántanos que compartades lecturas, que os nenos e nenas lean, encántanos tervos no pasillo do cole.
Graciñas ás familias que están sempre dispostas a colaborar nas actividades que vos propoñemos dende a biblioteca.

13 oct 2011

XOGO DA OCA

Este xogo da oca recórdanos moitos dos libros que lemos no proxecto "Do río ao mar, ler e desfrutar".
Este curso empezamos as actividades da biblioteca xogando á oca. Foi moi fácil pero, xa veredes... imos complicar un pouquiño o xogo. Xa vos contaremos.

MOCHILAS VIAXEIRAS

As mochilas viaxeiras xa iniciaron a súa andaina. Cada curso veu a recoller a súa mochila á biblioteca e todos e todas levaron ademais un díptico no que se recordan as normas, horario, funcionamento ... da biblioteca.