28 dic 2011

PUZZLES

Estas son as dúas postais de Nadal que tiveron o 1º premio. Se premes en cada unha delas terás un puzzle. Atréveste a facelo?

preview48 piece


preview54 piece

22 dic 2011

A NOSA APORTACIÓN AO BUBISHER

Nós tamén nos sumamos a este fermoso proxecto co álbum "La máscara del león".

O BUBISHER

63 anos despois da súa proclamación, segue sendo necesario lembrar esta data, 10 de decembro, na que a Asamblea Xeral das Nacións Unidas aprobou a Declaración dos Dereitos Humanos.

Necesario porque nin tan sequera nos países que asinaron esta declaración están garantidos estes dereitos en igualdade de condicións para toda a poboación. Non hai máis que botar unha ollada ao noso arredor, asomarse ás noticias.

Mais aínda así cabe pensar que un outro mundo é posible, que hai arrecendos espallados no ar que nos permiten prender unha candea pola esperanza, por estas xeracións, hoxe nen@s, adolescentes, que medran nas nosas aulas, ao abeiro das nosas Bibliotecas -das súas lecturas, da súa información, da súa formación- nen@s e adolescentes que se implican ilusionad@s e con empeño en proxectos coma "Coñecernos para querernos", nun intercambio persoal e de coñecementos con nen@s dos campamentos saharahuis, para quenes a apertura dunha biblioteca con (o Bubisher) ou sen (O Niño do Bubi) rodas, supón moito máis que un mundo de oportunidades. Para acceder á ilusión, aos soños, á formación, ao coñecemento doutras culturas, doutro idioma.

E con esa candea acesa, brincan faíscas que prenden en case un cento de Bibliotecas Escolares Galegas, que por todo o país escollen cada unha un fermoso álbum ilustrado para agasallar a ese recén estreado Niño do Bubi, porque, coma nas nosas propias Bibliotecas, toda inauguración é unha festa. A esa festa que é a lectura, nesas bibliotecas acubilladas na area, queremos enviar estes álbumes como aves portadoras de boa sorte, como bubishers* cheos de cor, imaxes, historias. Porque as nosas bibliotecas, @s nos@s lectores e lectoras, compartimos co Bubisher, cos lectores e lectoras das súas bibliotecas a crenza firme nos Dereitos Humanos, dende o seu 1º artigo: "Tod@s nascemos libres e iguais en dignidade e dereitos"

* O bubisher (Oenanthe leucopyga e Oenanthe leucura) é un paxariño tímido que vive na Península e tamén en África, aquí chamámoslle collalba negra e no Sáhara o seu nome significa paxaro da boa sorte, no dialecto hassaní é Bubchir بوبشير (o da boa nova) porque adoita aniñar e criar despois das choivas, o que quer dicer que medrará a herba, algo moi importante para quen ten gando.

Bubisher é tamén o nome dun autobús-biblioteca que circula entre os campamentos do Sáhara para levar lectura e información. Ou sexa, unha biblio... pero con rodas!!!


Se queredes unirvos á iniciativa de Álbumes para o Bubisher, só tedes que poñer os vosos datos xunto ao resto das Bibes Galegas.


Texto de Maribel Serantes (CEIP Os Casais)

20 dic 2011

POSTAIS GANADORAS

Aquí están as 6 postais ganadoras. Como vedes hai 2 primeiras porque quedaron empatadas. Unha será a felicitación oficial e a outra, a portada do tríptico da biblioteca.

19 dic 2011

CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL

Ao concurso presentáronse unhas 70 postais. Foi moi difícil escoller as ganadoras porque todas son moi bonitas e están feitas con moito mimo. Grazas pola participación e aquí van todas.

3 dic 2011

RECURSOS PARA O NADAL

Premendo na imaxe tendes un montón de actividades para o Nadal.
Chégannos así, tan ben organizadas, dende á biblioteca do CEIP Milladoiro de Malpica de Bergantiños. Grazas polo voso traballo e por compartilo.

2 dic 2011

CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL

Convócase un concurso de postais navideñas.
Teñen que ser en galego e feitas no papel que está á vosa disposición na biblioteca.
Por detrás tendes que por nome e curso.
O prazo de entrega é o 15 de decembro.
A postal gañadora, será a felicitación oficial do centro nestas festas navideñas.
Ánimo artistas!!!

Xoana e a bruxa Maruxa

XOANA E A BRUXA on Storybird