20 mar. 2012

FESTA NA BIBLIOTECA

Hai uns días fixemos unha festaza na biblioteca para as nenas e os nenos de 1º de Primaria. Foi para felicitalos poloa súa participación en todas as actividades da biblioteca, o ben que o fan e o moito que len.
Parabéns do equipo da biblioteca aos nenos e nenas e á súa profe Olga


16 mar. 2012

PRIMEIROS LETRINCHIS


Xa temos os primeiros caderniños do Código Letrinchi rematados!!!!
Parabéns a Lucas e Alejandra de 2º e a Ángela de 1º!
Descifraron o código segredo conseguindo todas as pegatinas e completando a mensaxe no seu caderniño. 
Na foto podedes ver cómo quedaron rematados!
Ánimo a todos os demáis que hai moitos que están a piques de rematar!!!

8 mar. 2012

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA

O 8 de marzo celébrase en todo o mundo o Día Internacional da Muller Traballadora no que se recorda que homes e mulleres somos iguais e queremos que nos traten como iguais en todos os ámbitos da vida.

Queredes saber máis? pois aquí vos deixamos unhas actividades















E un conto de Nunila López Salamero

7 mar. 2012

XUNTANZA CON COLABORADORAS E COLABORADORES


A dinamizadora da biblioteca, Yolanda, mantivo unha xuntanza cos colaboradores e colaboradoras da biblioteca. Falaron dos próximos traballos quefaremos e ademais fixeron suxerencias para a celebración do día do libro. Saíron propostas moi interesantes. Pronto as coñeceredes.

DECLARACIÓNS DE AMOR EN INGLÉS

Este ano, coa axuda do departamento de Inglés, fixemos un concurso de declaracións de amor en iglés e este foi o resultado