2 may. 2012

A RATIÑA PRESUMIDA

O Día do Libro, a profe Bel estivo contándolle contos aos nenos e nenas de Infantil. Que ben o pasaron! . Estas son as fotos da Ratiña Presumida

VISITA DE ABRAHAM CARREIRO

Unha das actividades realizadas para celebrar o Día Mundial do Libro foi a visita de Abraham Carreiro co que fixemos un obradoiro no que aprendemos a debuxar personaxes para os nosos contos e cómics. Tanto o alumnado como o profesorado puxeron moito interés e todos e todas acabamos debuxando moi ben. Aquí tendes a proba