30 nov 2012

As receitas do Outono

 Xa temos rematado o libro viaxeiro confecionado por tod@s vos. Para que poidades velo fixemos unhas presentacións por ciclos que podedes ver na páxina do noso proxecto ARCE: 1,2,3 a miña música che ensinarei" Esperamos que vos sea de moita utilidade. Bo proveito!


1 nov 2012

ACTIVIDADES DO MES DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

No mes de outubro realizamos un montón de actividades para celebrar o mes das bibliotecas escolares :
Cada neno e cada nena recibiron un caderno para o Letrinchi. Será o seu diario de lecturas.
Todos os cursos visitaron a biblioteca e recibiron as mochilas viaxeiras, unha guía da biblioteca e un marcapáxinas.


Houbo apadriñamentos e amadriñamentos lectores.

EMPEZAMOS!

No mes de setembro estivemos en obras facendo algunhas reformas para mellorar o acceso aos fondos documentais. Empezamos o primeiro de outubro e xa nos fomos preparando para celebrar o Samaín con moitas lecturas de medo.