11 nov. 2013

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Para celebrar este día realizáronse as seguintes actividades

Reparto de mochilas viaxeiras que andarán de casa en casa durante todo o curso


 
Apadriñamentos e amadriñamentos Foi o primeiro encontro deste curso para lerse un conto. Haberá máis. Xa vos iremos contando
 
Contacontos O alumnado de infantil e 1º ciclo escoitaron atentamente o conto "Juan sin miedo"


O alumnado do 2º e 3º ciclo viron unha película de Harry Potter
película

6 nov. 2013

AÍNDA NADA

Que tal un libriño de Kalandraka que fala da paciencia e da perseverancia?. Está en protugués. Queredes lelo?


Click here to download this file
View more ebooks on ebookbrowsee.net

22 oct. 2013

XUNTANZA DOS COLABORADORES E COLABORADORAS DE 6º

Hai uns días celebrouse a primeira xuntanza de colaboradores e colaboradoras da biblioteca. 

Trátase do alumnado de 6º de primaria. Axudarán, en principio na hora do recreo pero hai máis tarefas que no futuro vos iremos contando.



EMPEZAMOS


En Bibliosolanas empezamos un curso máis cunha chea de actividades. 

Despois de recoller e organizar nos seus andeis os libros emprestados no verán, o día 1 de outubro, fixemos a apertura da biblioteca cunha visita do alumnado guiada pola dinamizadora, Yolanda, que ademais lles entregou a Guía da biblioteca e un precioso marcapáxinas.



 










25 abr. 2013

 Anxo Moure visita a nosa biblioteca!

O 23 de abril foi o "Día do libro" e para celebralo tivemos no colexio a visita de Anxo Moure. Disfrutamos moito coas historias que nos contou. Esperamos que volva muitas mais veces!
Aquí podedes velas fotos!



17 abr. 2013

ANXO MOURE

                                                                                 


Estamos a celebrar o MES DOS LIBROS con diversas actividades. Entre elas, o próximo venres estará no cole Anxo Moure, un contacontos que vén dende Chantada.

Para saber máis del e dos proxectos nos que participa, quédavos un enlace. Para velo, preme na foto.

11 abr. 2013

A canción Tradicional Galega Lim2


2ª Parte do Lim da Canción Tradicional Galega

Preme na imaxe para acceder


A canción tradicional galega


Preme na imaxe para entrar

15 mar. 2013

O Kitesurfing

      O próximo xoves 21 teremos unha visita no colexio que nos falará do Kitesurfing. Aquí temos unha webquest para ir entrando en materia. 
      Preme na imaxe para entrar.




5 feb. 2013

O ENTROIDO





Xa estamos en tempo de entroido. A biblioteca do CEIP Mestres Goldar fixo unha recopilación de recursos que nos aporta moita información e moitas actividades para saber máis sobre estas datas. 
Aquí vos deixamos o enlace do Recanto de MIK.