22 oct. 2013

XUNTANZA DOS COLABORADORES E COLABORADORAS DE 6º

Hai uns días celebrouse a primeira xuntanza de colaboradores e colaboradoras da biblioteca. 

Trátase do alumnado de 6º de primaria. Axudarán, en principio na hora do recreo pero hai máis tarefas que no futuro vos iremos contando.



EMPEZAMOS


En Bibliosolanas empezamos un curso máis cunha chea de actividades. 

Despois de recoller e organizar nos seus andeis os libros emprestados no verán, o día 1 de outubro, fixemos a apertura da biblioteca cunha visita do alumnado guiada pola dinamizadora, Yolanda, que ademais lles entregou a Guía da biblioteca e un precioso marcapáxinas.