16 dic 2016

Cine Solanas: "Charlie y la fábrica de chocolate".



Hoxe, 16 de decembro, a partir das 12:00 h. o salón de actos convírtese nuha sala de cine para proxectar ao noso alumnado de primaria a película: "Charlie y la fábrica de chocolate".
Os nenos e nenas de todas as clases, tiveron que conseguir a súa entrada mediante un xogo de adiviñanzas. 
Recordade que este ano, o noso proxecto xira entorno a ROALD DAHL, escritor deste e outros libros.

Aquí tedes a nosa carteleira:

 

28 nov 2016

"Estou enfadado"

O equipo de biblioteca, en colaboración co equipo de convivencia, traballou mediante o conto de Trace Moroney "Cuando estoy enfadado", cómo tratar o enfado dos nenos e nenas.

Visionouse o contacontos deste libro e fíxose unha adaptación tendo como protagonistas ao noso alumnado, do cal, se fixo un videolibro que podedes ver na seguinte ligazón:



 

28 oct 2016

24 de outubro: Día da Biblioteca.

Fai 20 anos que se celebra neste día o Día das Bibliotecas, gracias á "Asociación Amigos del Libro Infantil y Juvenil".

En Solanas, para celebrar esta data, fixéronse os apadriñamentos e amadriñamentos na "Hora de ler".

Convidámosvos a ver o seguinte vídeo: 

"Todo está nos libros"

21 oct 2016

Apertura da Bibliosolanas

Bibliosolanas abriu as súas portas a comezos de outubro, e os nosos nenos e nenas disfrutaron dunha visita na que se lles recordaron diferentes aspectos mediante un díptico informativo.

Ademáis, agasallouselles cun marcapáxinas en forma de tableta de chocolate, facendo referencia ao proxecto deste ano: o novelista Roald Dahl, autor de obras como "Charlie e a fábrica de chocolate" ou "Matilda".









12 sept 2016

Xa estamos aquí!

Este curso 2016-2017, poderedes disfrutar da Bibliosolanas a partir do luns 3 de outubro.

Estades tod@s convidad@s.

22 jun 2016

    Clube de Lectura
Para despedir o seu club de lectura os nenos e nenas de 6º de Primaria realizaron as recetas do libro:
Escarlatina, a cociñeira defunta.
A merenda foi moi orixinal e ademais estaba boísima!
    
  

16 jun 2016

Exposicións de tódolos traballos de investigación

Como dicía a Misión Final: Todo o investigado debe ser mostrado!

Aquí temos unha mostra da nosa exposición de "Nenos e Nenas do mundo"


13 jun 2016

Os días 8 e 9 de xuño, (mércores e xoves) tivemos a nosa "Tómbola" onde tódolos/as nenos/as do colexio poideron trocar os seus Nicopuntos (gañados coas súas lecturas e actividades da bibloteca) por unha grande variedade de cousas. Todos/as quedaron encantado/as!


9 jun 2016

A qué sabe a lúa?

@s nen@s de 4º de Primaria contáronlles o conto: "A que sabe a lúa?" ao alumnado da Ed. Infantil do noso cole e aos nenos e nenas da Guardería Municipal que viñeron coñecer a nosa Biblioteca.
Despois fixeron  unha degustación dos sabores da lúa.

26 may 2016

O noso recuncho adicado a Manuel María

Dende a nosa biblioteca quixemos tamén facer a nosa pequena homenaxe a Manuel María, escritor galego a quen estivo este ano adicado o Día das Letras Galegas.
 Este é o noso Recuncho de Manuel María!






9 may 2016

 

Aquí podedes ver un resumo das actividades realizadas este ano co motivo do Día do Libro.

 

 Voluntariado de Lectura  Apadriñamentos /amadriñamentos 
 
 
 
 
 Contacontos no Colexio (1º e 2º Ed. Primaria) I Feria do Libro de Solanas 
  
  
  
     

27 abr 2016

Xa estamos preparados/as para a I Feira do Libro de Solanas!


Xa temos todo listo!!!
A I Feira do Libro de Solanas está a piques de comezar!!! 
Cada alumno/a entregou xa o seu libro ou libros para intercambiar! 
Deixamos hoxe todo preparado para os máis pequenos que mañá serán os primeiros! 
Recordade pais, nais e familias que a vosa quenda é a partires das 13:30h.
Agardamos por tod@s vos!!!
















21 abr 2016

Apadriñamentos e Amadriñamentos, abril de 2016

O mércores 20, dentro das actividades de conmemoración da "Semana do Libro" tivemos no cole os nosos apadriñamentos e amadriñamentos. Coma sempre, o resultado deixou a todos encantados!

Preparando a I Feria do Libro de Solanas...

Aquí estamos, preparandoo todo para o vindeiro xoves.

18 abr 2016

Voluntariado de lectura A - Lecturas fora do centro.

Coa celebración da Semana do libro os/as alumnos/as de 5º e 6º de Ed. Primaria visitaron a Guardería Municipal para lerlles uns contos aos mais cativos.
A actividade foi todo un éxito!

3 abr 2016

ABRIL, LIBROS MIL!!!

Chega o mes de Abril cargadiño de actividades
para celebrar o mes dos Libros!
O mesmo día 1, os nenos e nenas de Primaria,
viñeron expectantes e ilusionados a ver as novidades 
e a levalas en empréstito!!!
Máis de 150 títulos entre todas as idades 
e máis de 50 nos libros de divulgación!










                                   !!! A DESFRUTAR!!!














18 mar 2016

Visita á Biblioteca Municipal.

Nesta última semana de clase, fomos visitar, e algúns de nós coñecer, a nosa Biblioteca Municipal. Moitas grazas a bibliotecaria Marisol por atendernos tan ben!










Aínda que con algo de adianto, a primaveira chegou a nosa biblioteca!
Na exposición temos aínda os libros de amor  pero xa misturados coa selección da árbore. Boa lectura a tod@s!

19 feb 2016

Decoración do proxecto.

Xa temos o cole, biblioteca e corredores, 
decorado coas personaxes do noso proxecto!
Está precioso.
Todos colaborando e investigando sobre as nenas e nenos do mundo!!!

18 feb 2016

Celebramos o Día da Paz todos xuntos no salón de actos. 

Os/as alumnos/as de cada nivel, tanto Infantil coma Primaria, colaboraron na decoración da nosa bola do mundo coas personaxes de cada país. 

Logo creamos un "Xardín da Paz" cunha flor por cada clase cheas de boas mensaxes..... no centro de cada unha a palabra paz no idioma do país que investigamos!


Entroido en Solanas: Nen@s do mundo

Aquí podedes ver unha mostra de fotografías do desfile 
de entroido polas rúas do pobo.
Cada clase ía caraterizada do seu país. 
Acompañada duns bonecos "cabezóns" e a bandeira correspondente.

9 feb 2016

Xa todo o alumnado de Infantil e Primaria pasou polo mapa para cumprir a 1ª Misión: 

Pinchar o seu alfiler na capital do seu país.