19 feb 2016

Decoración do proxecto.

Xa temos o cole, biblioteca e corredores, 
decorado coas personaxes do noso proxecto!
Está precioso.
Todos colaborando e investigando sobre as nenas e nenos do mundo!!!

18 feb 2016

Celebramos o Día da Paz todos xuntos no salón de actos. 

Os/as alumnos/as de cada nivel, tanto Infantil coma Primaria, colaboraron na decoración da nosa bola do mundo coas personaxes de cada país. 

Logo creamos un "Xardín da Paz" cunha flor por cada clase cheas de boas mensaxes..... no centro de cada unha a palabra paz no idioma do país que investigamos!


Entroido en Solanas: Nen@s do mundo

Aquí podedes ver unha mostra de fotografías do desfile 
de entroido polas rúas do pobo.
Cada clase ía caraterizada do seu país. 
Acompañada duns bonecos "cabezóns" e a bandeira correspondente.

9 feb 2016

Xa todo o alumnado de Infantil e Primaria pasou polo mapa para cumprir a 1ª Misión: 

Pinchar o seu alfiler na capital do seu país.