27 abr. 2016

Xa estamos preparados/as para a I Feira do Libro de Solanas!


Xa temos todo listo!!!
A I Feira do Libro de Solanas está a piques de comezar!!! 
Cada alumno/a entregou xa o seu libro ou libros para intercambiar! 
Deixamos hoxe todo preparado para os máis pequenos que mañá serán os primeiros! 
Recordade pais, nais e familias que a vosa quenda é a partires das 13:30h.
Agardamos por tod@s vos!!!
















21 abr. 2016

Apadriñamentos e Amadriñamentos, abril de 2016

O mércores 20, dentro das actividades de conmemoración da "Semana do Libro" tivemos no cole os nosos apadriñamentos e amadriñamentos. Coma sempre, o resultado deixou a todos encantados!

Preparando a I Feria do Libro de Solanas...

Aquí estamos, preparandoo todo para o vindeiro xoves.

18 abr. 2016

Voluntariado de lectura A - Lecturas fora do centro.

Coa celebración da Semana do libro os/as alumnos/as de 5º e 6º de Ed. Primaria visitaron a Guardería Municipal para lerlles uns contos aos mais cativos.
A actividade foi todo un éxito!

3 abr. 2016

ABRIL, LIBROS MIL!!!

Chega o mes de Abril cargadiño de actividades
para celebrar o mes dos Libros!
O mesmo día 1, os nenos e nenas de Primaria,
viñeron expectantes e ilusionados a ver as novidades 
e a levalas en empréstito!!!
Máis de 150 títulos entre todas as idades 
e máis de 50 nos libros de divulgación!










                                   !!! A DESFRUTAR!!!