28 oct 2016

24 de outubro: Día da Biblioteca.

Fai 20 anos que se celebra neste día o Día das Bibliotecas, gracias á "Asociación Amigos del Libro Infantil y Juvenil".

En Solanas, para celebrar esta data, fixéronse os apadriñamentos e amadriñamentos na "Hora de ler".

Convidámosvos a ver o seguinte vídeo: 

"Todo está nos libros"

21 oct 2016

Apertura da Bibliosolanas

Bibliosolanas abriu as súas portas a comezos de outubro, e os nosos nenos e nenas disfrutaron dunha visita na que se lles recordaron diferentes aspectos mediante un díptico informativo.

Ademáis, agasallouselles cun marcapáxinas en forma de tableta de chocolate, facendo referencia ao proxecto deste ano: o novelista Roald Dahl, autor de obras como "Charlie e a fábrica de chocolate" ou "Matilda".